XXXVII Carreira Popular de Negreira. A Clásica.

As 10:30 daba comezo a clásica Carreira Popular de Negreira, a proba con maior nivel atlético de toda a comunidade galega na distancia dos 10.000 metros.Titus Kipjumba Mbishei, subcampión do mundo na distancia 10K, na categoría junior en 2008, Emanuel Bor e Moussaab Hadout, que partían como favoritos para facerse co pódium, non decepcionaron nos pronósticos, nunca carreira que dominaron dende o principio.

 

Os atletas kenianos Kipjumba e Bor, cruzaban a liña de meta con só dous segundos de diferencia cun crono de 29:01 e 29:03 respectivamente menores que o marroquí Hadout, finalizaba a carreira cun tempo de 30:12. Os mellores atletas galegos da xornada foron, o portugués afincado en Oroso, Nuno Filipe Ribeiro e o marroquí afincado en Ourense Hassan Lekhili.

 

Tampouco houbo grandes sorpresas entre as féminas, a marroquí Kaoutar Boulaid, proclamouse campiona cun tempo de 34:22. Nazha Machrouh e Marisa Barros completaron o podium con tempos de 34:53 e 35:30 respectivamente. Joselyn Brea e Rocío Alvite foron as galegas con mellor tempo da xeral feminina.

 

Na categoría promesa, destacou a victoria do corredor negreirés Youssef Kouaou e Carla Penabaz no apartado feminino. Na categoría de veteranos proclamaba vencedor outro vecino de Negreira, Luis Calvo xunto con Johana Torres.

 

Máis de 1.000 atletas escolares disfrutaron de unha mañá deportiva polas ras dun concello ateigado de espectadores que non deixaron de animar de tódolosparticipantes durante a xornada.

Sen comentarios

Sorry, the comment form is closed at this time.