SOBRE NÓS
Somos unha empresa de nova creación, emprendedora e profesional no sector de difusión e asesoramento organizativo para eventos deportivos.
A pesar da nosa xuventude empresarial, contamos con ampla expeciencia no sector, estando presentes en máis dun cento de eventos nos dous últimos anos.
Dende a nosa empresa axudámosche e colaboramos de antemán contigo planificando, difundindo e coordinando o teu evento, traballando así, antes, durante e despóis para lograr o éxito diante de todos os participantes, sexan da túa comarca ou veñan a coñecer o teu pobo.
Cada ano, o calendario deportivo na nosa comunidade é maior. Actualmente disciplinas como o running, dúatlon, triatlon, canicross ou BTT, están en auxe, conseguindo cada vez máis adeptos, o que fai que o número de probas aumente considerablemente.
Moitas destas probas están consolidadas e son datas ineludibles para os deportistas, non obstante, outras moitas teñen que darse a coñecer e buscar un oco no calendario anual.
Os organizadores destes eventos, tratan de facelos atractivos para o participante buscando ós mellores no sector das estructuras deportivas e cronometraxe, pero moitas veces esquécense de dar unha boa cobertura organizativa e a difusión axeitada.