ASER ESTÉVEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN EN SOLITARIO DA XL VOLTA CICLISTA AO RIBEIRO
Ás 17:00 horas arrincaba a 40 edición da Volta ao Ribeiro. Tras continuos intentos de fuga ata o quilómetro 3,5, o dorsal 2, Daniel Tello do C.Paulino, pasaba en solitario por Ourense, alcanzando unha diferenza de 52 segundos respecto ao pelotón.
Por detrás o seu compañeiro de equipo Vadim Fedotov, co dorsal 18 e Iago Alonso, do Ría de Vigo, co 141 serían os seus inmediatos perseguidores.
Comezando a subida a Maside, saltan do pelotón Samuel Maldonado, dorsal 1, Iago Alonso, Cristian Cabrera, dorsal 11, Miguel Burmann, co dorsal 6, Eduardo Pérez, co dorsal 73, Aser Estévez, co dorsal 40 e Eladio Jiménez, co dorsal 280.
A 1 quilómetro de de Maside, ataca o corredor do Rías Baixas , Aser Estévez, pasando en solitario e rompendo o grupo, pasando a 15 segundos os dorsais 1, 2, 6 e 280 e a 28 os dorsais 73, 11 e 141.
Xa no descenso unifícanse novamente. Ao paso por Ribadavia, os dorsais 2 e 280 distáncianse sumando 25 segundos sobre o resto dos fuxidos, mantendo a mesma distancia ata as primeiras ramplas da Carixa.
Na Carixa, ataca de novo Aser, que en descenso alcanza a cabeza de carreira, por detrás séguenlle moi preto os dorsais 1 e 6 rodando a 5 segundos. Ao seu paso por San Paio, unifícanse novamente.
Do mesmo xeito comeza a ascensión a Cenlle, último porto. Os dorsais 1 e 6 do C. Paulino, atacan a Aser, quen consegue coroar cunha diferenza de 5 e 10 segundos respectivamente. Xa a 35 segundos pasan os dorsais 280 e 2. A 1 minuto 15 segundos coroa o pelotón cos dorsais 158 (Rubén Fernández),157 (Adrián García), 4 (Sergio Pérez), 13 (Mauro intre), 261 (Fco. Javier Igrexas), 131 (Luís Lameira) e 121 (David Vidal).
A 7 quilómetros de meta, despois de varios intentos, o campión galego, deu un bestial machadazo que os corredores do C. Paulino cos dorsais 1 e 6, non puideron seguir, cruzando a liña de meta en solitario con 2´31”
Sorry, the comment form is closed at this time.