Fernando Alarza e Paula Mayobre proclámanse campións da IV Carreira Popular Carneiro ó Espeto.

Ás 10:30 dábase o pistoletazo de saída á cuarta edición da Carreira Popular Carneiro ó Espeto de Moraña. A proba, que se celebra unha semana antes da popular festa gastronómica que lle dá nome, contou cun cadro de persoal de luxo entre os 300 corredores que tomaron a saída.

 

A organización, que premiaba a quen batese o récord establecido polos atletas Víctor Riobó e Paula Mayobre, tivo que facelo por partida dobre ao recortarse ambos os tempos en máis de 2 minutos.

 

Na categoría masculina, o triatleta Fernando Alarza Vicente, na súa preparación para os próximos Xogos Olímpicos de Río, deu un auténtico recital a pesar das altas temperaturas. Desde o primeiro quilómetro, tomou vantaxe cos seus perseguidores que mantivo ata cruzar a liña de meta cun tempo de 30´33″, a máis de dous minutos e medio entrou o corredor de Sociedade Ximnástica Akka Essaadaoui e en terceiro lugar chegaba Campión galego Amadeo Abal Chaves cun crono de 35:55.

 

Entre as mulleres destacaba a presenza da Paula Mayobre, que conseguiu mellorar o seu propio récord en Moraña cun tempo de 36:02 e Rocío Alvite, que foi segunda con tempo de 37:41, ademáis da madriña da carreira, Esther Pedrosa, actual campioa de Europa de 10km en Ruta de veteranos, aínda que sería Edymar Daniely Brea, irmá da triatleta Joselyn Brea, quen completase o pódium feminino cun tempo de 37:56.

Nesta edición como novidade creouse unha categoría de parellas que estivo liderada polos atletas locais.

Pecharon a proba os máis pequenos coas categorías alevín, benjamín, prebenjamín e pitufo.

 

Sen comentarios

Sorry, the comment form is closed at this time.