IV Carreira Popular Concello de Rianxo
Preto de mil corredores disputaron a IV Carreira Popular Concello de Rianxo que se celebraba esta mañá e onde, a praza de Castelao, converteuse nunha auténtica festa do deporte, na que se deron cita máis de catro mil persoas para animar a todos os participantes.
Foron os máis pequenos, coas categorías Xoubas e Sardiñas , os que deron o pistoletazo de saída cunha participación multitudinaria.
Xa ás 12:00, daba comezo a proba reina, na que o corredor da SG Pontevedra, Akko Eassadaoui impúxose con facilidade desde inicio da carreira. Na segunda volta do percorrido, conseguiu unha vantaxe sobre os seus perseguidores que mantería ata o final da carreira, na que, finalmente conseguiu o primeiro posto cun crono de 32 minutos 14 segundos.
Case un minuto máis tarde, cruzaba a liña de meta o atleta mariñense Victor Riobó, cun tempo de 33:02 que disputaba o segundo posto co seu homónimo, Victor González Huerta, do Comesaña Sporting Club, que cruzaría a meta a só un segundo.
Na categoría feminina, Rocío Alvite, do Sar Vermú Petroni, ocupou o primeiro posto do caixón, cun crono de 37:05. Raquel Suárez, xunto coa súa nai, a veterana atleta Esther Pedrosa, completaron o pódium absoluto.
La Carrera Popular de Rianxo, foi a terceira das probas incluídas no circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, que finalizará o próximo 4 de decembro no Concello de Boiro.
Sorry, the comment form is closed at this time.