Risas e disfraces para despedir o ano na San Silvestre Vigo

O ‘running’ está de moda en Vigo. Os máis e os menos afeccionados ao deporte da carreira non se quixeron perder unha das citas máis desenfadadas do calendario e pecharon o ano deportivo vigués na tradicional San Silvestre. A saída foi multitudinaria, con preto de 7.000 corredores na Praza de Compostela segundo cifrou o Concello de Vigo.

O gran ambiente e o bo humor imperaron desde os minutos previos á saída. Moitos dos participantes acudiron á carreira disfrazados. Mesmo hai algúns que renderon tributo ao Dinoseto. O sebe vigués non se quixo perder a proba e unha versión inchable de si mesmo preside a liña de saída e de meta. Aínda que o amuleto fectiche, como todos os anos, é o clásico gorro do Nadal de Papá Noel, aínda que nesta edición algúns destes gorritos son verdes, regalados polo ‘Máis que auga’, un dos organizadores do evento.

Antes do pistoletazo de saída todos os asistentes, incluído Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Manel Fernñandez, concelleiro de Deportes, quedáronse petrificados para participar un dos ‘Mannequin Challenge’ máis grandes que se fixeron en Galicia.

O inicio da carreira durou case sete minutos. A fila de corredores foi interminable. Os participantes que corrían na cabeza de carreira xa alcanzaran a Praza do Berbés cando aínda quedaba xente na Alameda.

Como todos os anos, a carreira non se esquece dos máis necesitados nestas datas. A organización pediu a todos os participantes e aos afeccionados que acudiron a presenciar a carreira que achegasen comida non perecedoira. A recollida efectuouse desde unha furgoneta na propia Alameda.

Sen comentarios

Sorry, the comment form is closed at this time.